miércoles, 11 de diciembre de 2013

PLAN FORMATIVO DO 2014 PARA PERSOAS TRABALLADORAS



Estimada compañeira/estimado compañeiro:

Informámoste de que estamos a poñer en marcha o plan formativo do S.N. de CC.OO de Galicia dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas do ano 2014, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Este plan formativo vai destinado a:

·        Persoas traballadoras asalariadas de empresas privadas ou entidades públicas.

·        Persoas traballadoras fixas descontinuas.

·        Persoas acollidas a regulación de emprego nos seus períodos de suspensión por expediente autorizado.

·       Persoas traballadoras desempregadas cun límite máximo do 40%.


Se precisas información sobre as accións formativas podes dirixirte a calquera dos centros de Forem Galicia, as Unión Comarcais do sindicato ou consultar a páxina web www.foremgalicia.es  onde ademais poderás inscribirte nos cursos.


Agardamos que esta información sexa de utilidade e invitámosche a que a difundas.

Recibe un cordial saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.